Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá. Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece.
MARIA REIMONDEZ
María Reimóndez é tradutora e intérprete de profesión e feminista por convicción. O seu primeiro libro publicado foi o poemario Moda Galega (2002), ao que regresou nunha reescrita dez anos máis tarde en Moda Galega reloaded (2013) e posteriormente publicou kleinigkeiten/cousiñas (2013), Presente continuo (Xerais 2013) e " Galicia en bus " (Xerais, 2018), Premio Johán Carballeira 2017. Como narradora, é autora das seguintes novelas: O Caderno de Bitácora (2004), premio de novela Mulleres Progresistas 2003; O club da calceta (Xerais 2006), finalista do Premio Xerais de Novela 2005, Premio Arcebispo San Clemente 2007, traducida ao castelán, italiano e francés, e adaptada á escena por Teatro do Morcego e ao cine por Ficcións; Pirata (Xerais 2009), traducida ao italiano; En vías de extinción (Xerais 2012), traducida ao castelán, coa que iniciou a serie " Ciclo dos elementos " ; Dende o conflito (Xerais 2014), Premio Xerais de Novela; A música dos seres vivos (Xerais 2015); A dúbida (Xerais 2016), XIV Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas e " As cousas que non queremos oír " (Xerais, 2017). No ámbito da literatura infantil é autora de Usha (Xerais 2006), finalista do Premio Merlín 2005; Lía e as zapatillas de deporte (Xerais 2008); O monstro das palabras (Xerais 2009); Volvo! O regreso de Usha (Xerais 2014); e Corredora (Xerais 2017). Como ensaísta publicou A alternativa está aquí (Xerais 2014), en coautoría con Olga Castro, o libro Feminismos (Xerais 2013) e " Corpos exorbitantes " (2017), Premio Xohana Torres de Ensaio. En 2015 a AGE concedeulle o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor/a do ano. É fundadora da organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvemento Implicadas/os no Desenvolvemento, que leva traballando desde o ano 1998 na India e en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral cun cla...
Ver ficha de MARIA REIMONDEZ »