Miau! Pirata chama cada día por ti, avoa. Semella que busca a túa sombra por toda a casa e, aínda que se faga o durmido sentado na túa butaca, as máis das veces está cun ollo aberto por se te ve pasar. Agora o teu gato e meu. Pirata xa forma parte de min, dos meus mellores amigos.
ANA MARIA FERNANDEZ
FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, ANA MARÍA (Palma de Mallorca, 1949) Estudou Maxisterio e, máis tarde, licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Exerceu como mestra no Ensino Primario e na Educación Infantil. Colaborou na revista Vagalume e obtivo o primeiro premio O Facho de contos en 1977 con Os amigos do cabaceiro e, xunto con Xoán Babarro, O Facho de teatro (1983) e O Barco de Vapor de 1985 e 1989. Participa na obra de investigación sobre o folclore infantil Dedín, dedín de pequenequín (Ediciós do Castro, 1990). Conta co Premio Lazarillo de Creación Literaria, conseguido en 2001 con Amar e outros verbos. A súa obra O país de amarnos figura na lista de honor da IBBY do 2006. É autora de diferentes traducións e conta con abundante bibliografía realacionada co ensino da lingua en Educación Infantil e Primaria. Entre as súas obras figuran Pola rúa dos versos (1990), Ondas de verde e azul (1994), Oliña de azucre (1995), O cacarabicolé (1997), A longa viaxe de Carambeliña Polar (1998), Contos da selva de Longorongón (1998), Gulliver, Debúxame un conto (1999), Tres voltas ó Planeta (2000), Tres risas e unha voda (2001), A casa de había unha vez (2001), Amar e outros verbos (2002), O país de amarnos (2004), ¿Quen vive aquí? (2004), Contos con sombreiro (2005), Poemas que me cantou o grilo (2007), Historias que contan as paredes (2008), Do A ao Z con Rosalía (2009) e Páxinas de Carricanta (2011). En colaboración con Xoán Babarro publica Primeiro libro con Malola (1985), Tres países encantados (1986), Grande invento para saír do aburrimento (1987), Barrigaverde e o dragón Achís (1990), A chamada das tres raíñas (1991), As vacacións máxicas de John Liberty (1995), E un día chegou Miroslav (1997), O parque da chave dourada (1997), As bruxas esbrúxulas (1999), Os xigantes de nunca acabar (1999), Contos do reino de Mamoranguá (2000), Na barriga do dragón...
Ver ficha de ANA MARIA FERNANDEZ »